A Delegación da Xunta en Uruguai leva adiante o primeiro dos encontros coas e cos bolseiros BEME que comezarán en breve o seu máster nunha das tres universidades galegas

A delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, coas e cos bolseiros BEME do Uruguai
A delegada da Xunta de Galicia en Montevideo, coas e cos bolseiros BEME do Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 24 de agosto de 2022.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, recibiu a un grupo representativo das e dos 29 bolseiros BEME que comezarán en breve a estudar o seu máster nunha das tres universidades galegas tras resultar beneficiarias e beneficiarios cunha das axudas de Excelencia Mocidade Exterior que ofrece a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Emigración.

Esta reunión constitúe o primeiro dos encontros que a Administración autonómica desenvolverá ao longo dos próximos meses cos novos bolseiros e bolseiras, neste caso no seu propio país de orixe, e que serviu para responder as inquietudes que se lles presentan na súa futura experiencia universitaria. En total, 170 galegas e galegos procedentes de Uruguai foron beneficiarios das bolsas BEME dende o seu inicio en 2017. A delegada da Xunta recordou que son 250 as prazas que se ofertaron este ano para cursar un máster nun dos sete campus universitarios de Galicia para galegas e galegos e descendentes que viven no exterior. As e os beneficiarios nesta edición proceden de ata 19 países distintos de todo o mundo.

434 lecturas