Emigración asiste á presentación do libro “Augurios de una tarde feliz”, do xornalista Oscar Caballero, no Museo Manuel Torres en Marín

  • Emigración asiste á presentación do libro “Augurios de una tarde feliz”, do xornalista Oscar Caballero, no Museo Manuel Torres en Marín
    Emigración asiste á presentación do libro “Augurios de una tarde feliz”, do xornalista Oscar Caballero, no Museo Manuel Torres en Marín
Listen to this page using ReadSpeaker
Marín (Pontevedra), 13 de agosto de 2022.

A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu onte á presentación da primeira novela do xornalista Oscar Caballero, “Augurios de una tarde feliz”, no Museo Manuel Torres de Marín. A este acto tamén acudiu a concelleira de coordinación da actividade cultural, Itzíar Álvarez Tapia, á que acompañaron os concelleiros Pablo Novas Caballero e Hugo González López.

Esta novela narra o tráxico suceso do afundimento do buque pesqueiro “Pionero” que lle costou a vida a nove tripulantes da embarcación o 7 de xullo de 1969. Caballero remóntase ata a Galicia de principios da década dos cincuenta para describir o desarraigo da emigración galega, constituíndo o eixe central da obra a admiración dun neno de sete anos polo seu pai mariñeiro de orixe galego.

564 lecturas