Miranda recibiu ao Presidente da Sociedad Española de La Chorrera de Panamá que conta con importantes lazos culturais con Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente da Sociedad Española de La Chorrera, Fernando Val Estévez, con quen analizou as actividades organizadas para o presente ano, recordando que esta entidade conta con importantes lazos culturais con Galicia.   

Esta entidade conformouse no ano 1970 na cidade de La Chorrera co obxectivo de resgardar e potenciar as tradicións españolas, e particularmente as galegas, e grazas aos esforzos dos seus membros, contan con importantes instalacións deportivas e culturais. Na actualidade está conformada por mais de medio centenar de familias galegas.

357 lecturas