Miranda anunciou ás e aos representantes do CRE de Montevideo a aposta da Xunta polo regreso a través da actualización e ampliación da Estratexia Galicia Retorna

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital uruguaia recordando que se trata dunha iniciativa pioneira que está a ser recollida xa por varias comunidades autónomas e que agarda que sexa referencia tamén para o Estado central. 

Rodríguez Miranda recordou que o compromiso da Xunta é seguir a traballar para que se eliminen os obstáculos que xorden no proceso de retorno e que, na súa maioría, débense a cuestións burocráticas que debe corrixir o Goberno central.

Imaxe da reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital uruguaia
Imaxe da reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 24 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, mantiveron un encontro cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles de Montevideo para coñecer a situación da colectividade española, e por tanto, da galega, así como as súas necesidades, informándolles acerca da actualización e ampliación da Estratexia Galicia Retorna do Goberno galego.

O secretario xeral recordou que a Xunta de Galicia está a apostar de xeito “decidido” polo retorno dos galegos e galegas do exterior e que “o noso compromiso é seguir a traballar para que se eliminen os obstáculos que xorden no proceso de retorno e que, na súa maioría, débense a cuestións burocráticas que debe corrixir o Goberno central, como a validación de estudos superiores ou a axilización da residencia das parellas que non teñen nacionalidade española”. 

Neste senso, volveu solicitar a colaboración do Estado para que “medidas como as que estamos a aplicar a través da Estratexia Galicia Retorna” se apliquen en todo o país de cara a que cheguen a todas e todos os españoles do exterior.

Miranda asegurou que a Estratexia Galicia Retorna trátase dun documento “referencia” para varias autonomías españolas, e que “esperamos que pronto sexa tamén inspiración para o propio Goberno central, xa que é o verdadeiro responsable das políticas migratorias”. Segundo engadiu o secretario xeral da Emigración, os españois e españolas no exterior teñen “o dereito” de regresar a súa terra e “as institucións temos que estar á altura para acollelos e axudalos no seu retorno”.

354 lecturas