Miranda participa nas xornadas da Escuela de Verano del Poder Judicial trasladando a experiencia da Secretaría Xeral da Emigración no eido da transformación da Galicia exterior nas últimas décadas

O responsable deste departamento autonómico salientou o traballo de modernización e dinamismo levado a cabo tanto pola Administración autonómica como polos diferentes centros galegos. 

Imaxe da xornada desta mañá na XXIV Edición da Escuela de Verano del Poder Judicial
Imaxe da xornada desta mañá na XXIV Edición da Escuela de Verano del Poder Judicial
Listen to this page using ReadSpeaker
Bergondo (A Coruña), 7 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nas xornadas da Escuela de Verano del Poder Judicial no Pazo de Mariñán (Bergondo) no que trasladou a experiencia deste departamento autonómico no ámbito da transformación da Galicia exterior nas últimas décadas. 

Rodríguez Miranda salientou o traballo do Goberno da Xunta para ofrecer unha asistencia sociosanitaria digna aos galegos e galegas do exterior; así como o esforzo para incentivar o retorno a través da Estratexia Galicia Retorna xa que “supón un importante impulso para a nosa demografía e porque tamén permite mellorar a nosa competitividade económica e social”, explicou Miranda. 

Do mesmo xeito, o secretario xeral tamén destacou o papel das entidades galegas do exterior, creadas grazas á solidariedade e necesidade de cooperación das e dos galegos emigrados, e que facilitan tanto actividades culturais e deportivas ás e aos máis mozos, como atención socio sanitaria ás galegas e galegos máis desfavorecidos que necesitan un apoio especial. “Coidar dos nosos cidadáns, estean onde estean é unha responsabilidade ineludible de todo goberno”, expuxo Miranda. 

Miranda matizou que a Administración autonómica está esforzándose para “que o XXI se consolide como o século do retorno”, afrontando unha segunda revolución social que permitirá a Galicia poñerse na vangarda para afrontar con éxito a globalización grazas á modernización que aporta a experiencia de moitas e moitos destes retornados.

285 lecturas