O documental “Welcome to ma maison” proxectouse nos centros galegos do exterior dentro do Ciclo Mestre Mateo

Este documental protagonizou no mes de xuño o ciclo de proxeccións en ata oito entidades do exterior.

Esta actividade enmárcase dentro da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración coa Academia Galega do Audiovisual. 

  • Imaxe da proxección en Londres
    Imaxe da proxección en Londres
  • Imaxe da proxección en  Montevideo
    Imaxe da proxección en Montevideo
  • Imaxe da proxección en Bos Aires
    Imaxe da proxección en Bos Aires
  • Imaxe da proxección en Berlín
    Imaxe da proxección en Berlín
  • Imaxe da proxección en Caracas
    Imaxe da proxección en Caracas
  • Imaxe da proxección en Tarragona
    Imaxe da proxección en Tarragona
  • Imaxe da proxección en Sevilla
    Imaxe da proxección en Sevilla
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo continuou nos centros galegos do exterior coa proxección do documental, Welcome to ma maison. Esta actividade está organizada dende a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades.

O documental, finalista na edición deste ano nos premios do mesmo nome, púidose desfrutar en ata oito centros galegos do exterior: o Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, o Lar Gallego de Sevilla, a Asociación Cultural Galega De Berlín Son, o Centro Galego de Tarragona, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires e o Centro Gallego de Madrid.

Este programa de proxeccións conta cunha periodicidade mensual, salvo nos próximos meses de xullo e agosto, de forma que os galegos e galegas do exterior poden coñecer o labor do sector audiovisual galego dende fóra de Galicia.

316 lecturas