Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás e aos galegos residentes na capital arxentina

Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás galegas e galegos residentes na capital arxentina.

Imaxe de arquivo do secretario xeral da Emigración co presidente do Hogar Gallego
Imaxe de arquivo do secretario xeral da Emigración co presidente do Hogar Gallego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 30.000 euros para o Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar de cara a axudar na atención socioasistencial básica aos galegos e galegas residentes na capital da Arxentina.

Esta entidade sen ánimo de lucro ten como finalidade proporcionar albergue digno a persoas que estean a pasar situacións complicadas a causa da súa idade ou condición económica. Trátase dunha residencia de maiores, situada en Domselaar, con capacidade para máis de cen residentes, na que máis da metade son persoas procedentes de Galicia. A residencia bríndalles vivenda permanente e asistencia integral que inclúe a estancia, a alimentación, o control de saúde e asistencia social.

A Secretaría Xeral da Emigración estima que é necesario colaborar para contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente na Arxentina que, por razóns de carencia ou dependencia, se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo da súa estancia.

452 lecturas