Miranda participou nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” de Mondoñedo

  • Antonio Rodríguez Miranda, Xosé María García Palmeiro, Pablo Rodríguez Fernández e María Xosé Porteiro, durante a mesa coloquio
    Antonio Rodríguez Miranda, Xosé María García Palmeiro, Pablo Rodríguez Fernández e María Xosé Porteiro, durante a mesa coloquio
  • Imaxe das XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebradas en Mondoñedo
    Imaxe das XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebradas en Mondoñedo
Listen to this page using ReadSpeaker
Mondoñedo (Lugo), 26 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na tarde de onte nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebradas en Mondoñedo. Neste encontro tamén se debateu sobre as tradicións das peregrinacións xacobeas nese continente, destacando o secretario xeral o importante papel que neste senso xogan as entidades galegas, xa que, na actualidade, 29 delas forman parte do grupo de Centros Galegos Promotores do Camiño de Santiago.

As XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebráronse, ademais de onte, o pasado sábado 18 de xuño e serán clausuradas hoxe na Área Recreativa da Fervenza de Viloalle cunha romaría. Estas xornadas ofreceron unha ampla oferta de actividades culturais con proxeccións audiovisuais, concertos  e coloquios protagonizados pola cultura, historia e patrimonio de Mondoñedo e pola pegada deixada nesta localidade polos galegos e galegas do exterior.

385 lecturas