Exposición "Iacobus gaudet. Los caminos de Santiago en Galicia", en Cidade de México

Listen to this page using ReadSpeaker
270 lecturas

Do luns 6 ao sábado 25 de xuño pode visitarse no Casino Español de México a mostra Iacobus gaudet. Los caminos de Santiago en Galicia.

  • A través desta exposición audiovisual do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, queremos expresar a alegría dos/as peregrinos/as ao chegar á terra do apóstolo.
  • Esta ruta de peregrinación, considerada como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade, segue conservando o mesmo espírito de superación que hai mil anos animaba a percorrer longas distancias ata chegar a Galicia. A rede de itinearios dos camiños de Santiago  axunta Historia e tradición co gozo que supón o encontro coa natureza e as súas variadas paisaxes, co rico patrimonio cultural, coa gastronomía e coa espiritualidade.
  • Como se plasma a través da mirada de Manuel Valcárcel, a peregrinación é unha experiencia única, unha vivencia inesquecible nun espazo acolledor, que serve como vehículo para o encontro da e do individuo con sigo mesmo e con outros/as peregrinos/as. Nos camiños de Santiago en Galicia, atoparemos un pobo hospitalario, disposto a recibir ao/á visitante e a mostrarlle con orgullo as súas tradicións e os seus sinais de identidade vinculados á paisaxe e a un amplo imaxinario cultural. Estas imaxes mostran unha terra que anima a ser coñecida, que ofrece unha experiencia gratificante por un percorrido singular e a través dunha peregrinación viva e intensa.

Cartel Informativo: descargar

Máis info: xacobeo2021.caminodesantiago.gal

Exposición "Iacobus gaudet. Los caminos de Santiago en Galicia", en Cidade de México
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Axencia Turismo de Galicia
Data: 
06.06.2022
25.06.2022
Lugar:
Casino Español de México
Isabel la Católica, 29 - Col. Centro, Cuauhtémoc
06000Ciudad de México
México
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: