Emigración e a Federación Venezolana de Galicia renovan o seu acordo de colaboración para manter as súas oficinas de información ás e aos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar un acordo de colaboración.

Deste xeito, a Xunta colabora con 50.000 euros que permiten a esta federación manter a atención na súa sede en Vigo, en Lugo e tamén en Ourense, así como a súa oficina itinerante coa que aporta asesoramento ás galegas e galegos retornados de toda a comunidade autónoma. 

Ao longo do ano pasado, FEVEGA asesorou a máis de 2.000 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático como presencial.

  • Imaxe da sinatura do acordo que tivo lugar esta mañá en Vigo
    Imaxe da sinatura do acordo que tivo lugar esta mañá en Vigo
  • Imaxe da sinatura do acordo que tivo lugar esta mañá en Vigo
    Imaxe da sinatura do acordo que tivo lugar esta mañá en Vigo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 26 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou hoxe un acordo de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) a través do que a Xunta destina 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información e asesoramento a galegas e galegos retornados. No acto estivo tamén presente a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

A colaboración con esta entidade posibilita a información a retornadas e retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno da propia Secretaría Xeral da Emigración en Vigo, Lugo, A Coruña, Santiago e Ourense, e unha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia. 

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados e asociadas nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. 

Ao longo do ano pasado, FEVEGA asesorou a máis de 2.000 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático como presencial.

A través deste convenio, FEVEGA comprométese a manter este labor de información e asesoramento, así como ofrecer un servizo integral e completo ás e aos emigrantes retornados, prestar orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoialos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administración públicas, proporcionarlles apoio e acompañamento e facilitarlles toda a información que lles sexa requirida pola Comunidade Autónoma. Ademais, tamén debe ofrecer un servizo de información itinerante por toda Galicia. 

  • Audio: Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración | Descargar
390 lecturas