Éxito de público na estrea da primeira proxección do Ciclo Mestre Mateo nos oito centros galegos do exterior que colaboran con Emigración e a Academia Galega do Audiovisual
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Uruguai
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Bos Aires I
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Bos Aires II
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Venezuela
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Londres
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Berlín I
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Berlín II
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Madrid
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Tarragona
- Estrea do primeiro filme do Ciclo Mestre Mateo | Sevilla
Éxito de público na estrea da primeira proxección do ciclo Mestre Mateo en seis países distintos grazas a colaboración de oito centros galegos do exterior. O documental “O Gran Camiño” puido verse así no auditorio do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, no teatro do Centro Gallego de Montevideo, no gran salón da Hermandad Gallega de Venezuela, no Instituto Cañada Blanch-Centro Galego de Londres, no cine Babylon da man da Asociación Cultural Galega de Berlín Son, no auditorio do Centro Gallego de Madrid, no salón do Lar Gallego de Sevilla e no Centro Galego de Tarragona.
Estas entidades colaboran así coa Secretaría Xeral da Emigración e coa Academia Galega do Audiovisual para dar a coñecer o audiovisual galego no exterior, proxectando, unha vez ao mes, de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), os filmes finalistas nas categorías de documental e longametraxe nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego.
Novas relacionadas