A exposición “Paisaxes da Galicia”, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, chega ao Instituto Cervantes de Recife (Brasil)

  • A mostra pode visitarse no Instituto Cervantes de Recife ata o 27 de abril
    A mostra pode visitarse no Instituto Cervantes de Recife ata o 27 de abril
  • A mostra pode visitarse no Instituto Cervantes de Recife ata o 27 de abril
    A mostra pode visitarse no Instituto Cervantes de Recife ata o 27 de abril
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022.

A exposición Paisaxes da Galicia, do fotógrafo Paco Vila, e que conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, vén de abrir as súas portas no Instituto Cervantes de Recife en Pernambuco (Brasil) ofrecendo 30 instantáneas da comunidade autónoma que representan a variedade de paisaxes e lugares de onde proceden as e os emigrantes galegos que residen no exterior. 

Esta mostra inaugurouse en Santos e posteriormente trasladouse a São Paulo, chegando agora a Recife onde permanecerá ata o próximo 27 de abril. A exhibición recolle paisaxes das catro provincias galegas, podéndose contemplar nela algúns dos lugares máis senlleiros da comunidade autónoma, como a Catedral de Santiago, e outros menos coñecidos no exterior, como a Serra do Courel, en Lugo.  

274 lecturas