O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos e galegas residentes en Venezuela. 

Imaxe da reunión de hoxe do secretario xeral da Emigración co cónsul xeral de España en Venezuela
Imaxe da reunión de hoxe do secretario xeral da Emigración co cónsul xeral de España en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 16 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul xeral de España en Venezuela, Juan José Buitrago, na que destacou a importancia do labor do consulado para facilitar o retorno das familias a Galicia.

Nesta reunión, Miranda trasladóuselle a Buitrago o esforzo realizado pola Xunta durante estes últimos anos para acompañar no proceso de retorno das familias galegas, actuando tanto no país de procedencia como na súa chegada a Galicia.  

Coordinación na atención social
A maiores, Rodríguez Miranda tamén se reuniu con José Francisco Armas, consejero de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social de España en Venezuela. O encontro tivo como principal obxectivo a coordinación entre ambas institucións para continuar a traballar na mellora da calidade de vida das e dos galegos neste país de cara a darlles a mellor atención social.

Deste xeito, Antonio Rodríguez Miranda  pediulle a José Francisco Armas a máxima implicación da Consejería porque é moi relevante o papel que ten que desempeñar neste ámbito, e ofreceu a colaboración coordinada da Administración galega para acadar estes fins.

298 lecturas