Emigración lembra que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de solicitude das axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior

Este ano mantense a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á Administración. 

En total, destinaranse a este fin 575.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata este vindeiro luns, 28 de febreiro
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata este vindeiro luns, 28 de febreiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de presentación das solicitudes da liña de axudas para as entidades galegas do exterior que conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros e que se destina á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

Novamente este ano poderanse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía.

Tamén se mantén nesta convocatoria a inclusión dunha liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa Administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación. 

As entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. En concreto, os demandantes poderán solicitar axudas para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Os centros interesados poden tamén informarse a través desta ligazón.

392 lecturas