Emigración participa no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega no concello de Ramirás

Imaxe da entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega celebrada en Ramirás (Ourense)
Imaxe da entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega celebrada en Ramirás (Ourense)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2021.

O subdirector xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas, acompañou ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega que tivo lugar onte no polideportivo O Picouto do concello ourensán de Ramirás.

Nesta gala fíxose unha lembranza especial ás e aos emigrantes de este concello a Venezuela, que foi recollida polo presidente da Fundación Venezolana de Galicia (Fevega), Manuel Pérez Vidal, acompañado da presidenta da asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG), María Fernanda Ruíz. 

404 lecturas