Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Ortigueira

Listen to this page using ReadSpeaker
344 lecturas

O venres 17 de decembro ás 19:00 h, no antigo escolar de San Claudio (Ortigueira), inaugúrase a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia.

Datas da exposición: do 17.12.2021 ao 15.01.2022

  • O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos/as emigrantes galegos/as. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles/as que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
  • Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos/as nosos/as emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos/as emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presenta.
  • Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos/as emigrantes.

Máis info: Facebook

Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Ortigueira
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Asociación Centro Cultural "Libro Vivo" San Caudio
Data: 
17.12.2021
15.01.2022
Hora: 
19:00
Lugar:
Escolar de San Claudio
Lg. de Ribados, s/n
Ortigueira - 15368A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: