O IGE confirma que Galicia tivo un saldo migratorio positivo en 2020 que superou as 12.000 persoas

O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a “Estatística de Migracións” definitiva do ano 2020 e tamén as “Cifras de Poboación”, que indican que o saldo migratorio foi positivo a pesar da pandemia.

En 2020 chegaron a Galicia 4.637 cidadás e cidadáns con nacionalidade española.

Os datos confirman a tendencia dos últimos anos de incremento das entradas procedentes do estranxeiro e diminúen as saídas
Os datos confirman a tendencia dos últimos anos de incremento das entradas procedentes do estranxeiro e diminúen as saídas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021.

A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2021 situouse en 2.696.876 habitantes, cun saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, segundo recolle a estatística Cifras de Poboación que acaba de publicar de xeito definitivo o IGE. 

Deste xeito, segundo publica o IGE a través da Estatística de Migracións do ano 2020, continúa producíndose, a pesar da pandemia, un aumento de persoas que chegan a Galicia.   Incrementáronse as e os españois residentes en Galicia nados no estranxeiro, nun 4,6% e os nados en España pero con nacionalidade estranxeira, nun 7,2%.

A Estatística de Migracións do ano 2020 revela que  Galicia rexistrou así un saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, que aínda que é menor que en 2019, cando o saldo chegou a 17.809, segue a evidenciar que Galicia é a sexta comunidade autónoma de España con maior pulo de atracción. En relación ao movemento entre comunidades autónomas, o posto de Galicia sube ata o quinto en atracción de poboación. Destas 12.001 persoas chegadas a Galicia, 4.637 son españolas e 7.364 teñen nacionalidade estranxeira. 

Segundo a orixe destes movementos, os datos de 2020 con respecto aos do ano anterior confirman a tendencia dos últimos anos de incremento das entradas procedentes do estranxeiro e diminúen as saídas; con respecto aos movementos co resto de España de residentes en Galicia, aumentan de xeito importante as entradas procedentes doutras comunidades autónomas, cun un total de 14.494. 

Deste xeito, o saldo en poboación dende o resto de España é positivo, en 4.482 persoas máis das que saíron, mentres as entradas de cidadás e cidadáns estranxeiros en Galicia ascendeu a 14.504.  

Deste xeito, estas cifras van en coherencia cos importantes datos de retorno dos últimos anos e que, deste xeito, supoñen manter cifras de retorno  de cidadás e cidadáns de orixe galega como das súas parellas ou fillas e fillos sen nacionalidade que tamén forman parte das estatísticas do saldo migratorio positivo, aínda que se computen como inmigrantes.

463 lecturas