Emigración coñece o proxecto empresarial de conservas dun retornado

Antonio Rodríguez Miranda, con Miguel Ángel Alvelo Céspedes, que puxo en marcha Conservas Alvelo
Antonio Rodríguez Miranda, con Miguel Ángel Alvelo Céspedes, que puxo en marcha Conservas Alvelo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a un emprendedor retornado de Cuba, Miguel Ángel Alvelo Céspedes, que puxo en marcha en Galicia un proxecto empresarial dedicado a ofrecer conservas e embutidos galegos desde Baiona.

Miranda destacou a aposta polos produtos galegos deste emprendedor, neto de veciños de San Cibrao en Lugo, que distribúe as súas conservas por toda Europa e incluso na propia Cuba. O secretario xeral da Emigración destacou que “dende a Xunta de Galicia apostamos polo retorno dos nosos galegos, porque, como no caso de Ángel Alvelo, traen consigo experiencia e iniciativa empresarial que axuda a impulsar a nosa economía e a nosa sociedade”, explicou Miranda.

521 lecturas