Exposición "O soño cubano da emigración galega", en Castelló

Listen to this page using ReadSpeaker
389 lecturas

Do luns 15 de novembro ao venres 10 de decembro, na Sala de Exposicións do Edificio Moruno da Autoridade Portuaria de Castelló, poderá visitarse a exposición O soño cubano da emigración galega, mostra organizada polo Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" coa colaboración co Consello da Cutura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana dende a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba se artellara de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais dende os que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe.
  • O soño cubano da emigración galega ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, dende a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.

Presentación: o venres 19, ás 19:00 h, a cargo do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda

Horario de visitas:

  • De luns a venres: de 16:30 a 19:30 h.
  • Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h e de 16:30  a 19:30 h.
  • Entrada libre e de balde
Exposición "O soño cubano da emigración galega", en Castelló
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data: 
15.11.2021
10.12.2021
Lugar:
Sala de Exposiciones del Edificio Moruno - Port de Castelló
Plaza del Mar
Grau de Castelló - 12100Castellón-Castelló
España