O Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife remata o seu obradoiro de cociña coa entrega de diplomas ás e aos 21 participantes
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2021.
O Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife rematou recentemente o seu VIIº Obradoiro de Cociña Galega, realizado grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, coa entrega de diplomas ás e aos 21 participantes.
O obradoiro realizouse na semana do 18 ao 22 de outubro, e posteriormente, o centro quixo realizar un peche de curso demostrando o traballo aprendido polo alumnado, agradecendo o labor do seu profesor, Manuel Patiño Carou. En total, formáronse neste obradoiro 21 alumnas e alumnos que puideron aprender a cociñar os principais pratos da gastronomía galega.
Novas relacionadas