Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do campus de Ourense da UVigo, María Esther de Blas, saudaron aos 8 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior para facer un mestrado nas facultades deste campus.

En total, 200 mozas e mozas galegas residentes no exterior ou descendentes de galegos cursarán un mestrado nunha das tres universidades galegas durante o presente curso.

  • Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense
    Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense
  • Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense
    Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense
Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 20 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado da vicerreitora do campus de Ourense da UVigo, María Esther de Blas, presidiron o acto de benvida aos 8 novos alumnos que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (Beme) que tivo lugar hoxe no Edificio de Facultades do Campus de Ourense.

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración e a Universidade de Vigo saudaron a estas mozas e mozos do exterior, tanto galegos residentes fóra das nosas fronteiras como descendentes de galegos, que obtiveron unha das 200 bolsas que oferta o departamento autonómico para realizar mestrados nunha das tres universidades galegas durante o presente curso.

Os novos bolseiros Beme están a realizar mestrados nesta universidade centrados en áreas de nutrición, xestión empresarial do deporte, sistemas aéreos no tripulados, ciencia ambiental, turismo e enxeñaría informática. Dos 81 alumnos que comezan un mestrado nesta universidade, 8 o fan no campus de Ourense.

Durante o acto, ademais de manter un encontro presencial cos novos alumnos, tamén se lles aportou información tanto sanitaria como de trámites administrativos, de cara a que poidan solucionar os diferentes problemas aos que se enfrontarán ao longo destes meses durante a súa estancia en Galicia.

Deste xeito, un técnico da Consellería de Sanidade ofreceulles unha charla sobre a normativa Covid actual en Galicia, así como sobre a vacinación, e posteriormente, persoal da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado, informoulles das diferentes cuestións burocráticas a xestionar na nosa comunidade autónoma, como o empadroamento, a xestión do DNI ou da tarxeta sanitaria.

Os novos bolseiros Beme tamén puideron coñecer aos membros da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia que os poderán asesorar e acompañar durante os próximos meses nesta nova etapa educativa.

As bolsas de Excelencia Mocidade Exterior ampliáronse este ano, pasando das 150 do ano anterior ás 200 desta quinta edición. O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este programa co fin de impulsar a captación de universitarios galegos de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poden así cursar un mestrado nalgunha das tres universidades galegas, cunha axuda económica que vai entre os 7.000 e os 11.475 euros.

Entre os beneficiarios deste ano atópanse galegos procedentes de máis de 20 países, aínda que hai países con maior número de alumnos, como Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba, Reino Unido, Alemaña ou Suíza.

Máis info

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sobre os novos alumnos das Bolsas BEME que estudan un mestrado no Campus de Ourense | Descargar mp3
  • Unha alumna e bolseira do Campus de Ourense, sobre as Bolsas BEME e os mestrados no Campus de Ourense | Descargar mp3
545 lecturas