Miranda visita a Asociación Lar Gallego de Avilés para interesarse pola situación da entidade e dos galegos e galegas residentes en Asturias

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración ao Lar Gallego de Avilés
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración ao Lar Gallego de Avilés

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a Asociación Lar Gallego de Avilés para interesarse pola situación da entidade e a reactivación dos seus programas e actividades, así como pola das galegas e galegos residentes en Asturias.

Miranda mantivo así un encontro coa colectividade deste centro galego en Asturias antes de acudir, pola tarde, aos actos da asociación Día de Galicia en Asturias en Oviedo no que se homenaxeará a aquelas entidades e persoas que traballan por un mellor entendemento mutuo entre ambas comunidades autónomas. En Asturias, na actualidade, residen 21.001 galegas e galegos.

486 lecturas