'18 comidas', cine galego en Pequín

Listen to this page using ReadSpeaker
405 lecturas

O venres 10 de decembro ás 16:00 h, na sede da entidade académica na capital chinesa, o Instituto Cervantes de Pequín organiza a proxección do filme galego 18 comidas (2010), longametraxe dirixida polo lucense Jorge Coira e gañadora de 7 premios 'Mestre Mateo' da Academia Galega do Audiovisual.

  • Reparto: Luis Tosar, Esperanza Pedreño, Víctor Clavijo, Sergio Peris Mencheta, Juan Carlos Bellido, María Vázquez, Xosé Manuel Olveira (Pico), Cristina Brondo, Víctor Dupla, Xosé Barato, Pedro Alonso, Milan Tocinovski, Camila Bossa, Antonio Mourelos etc. 
  • Actividade de balde.
  • Subtítulos en chinés.
  • Reservas: cult1pek@cervantes.es

Máis info: cultura.cervantes.es | Facebook | Instagram

'18 comidas', cine galego en Pequín
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Instituto Cervantes de Pekín
Data: 
10.12.2021
Hora: 
16:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Pekín
A1 Gongti Nanlu, Chaoyang
Pequín - 100020Beijing
China