Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Valencia para analizar novas iniciativas de promoción do Xacobeo

Imaxe da reunión no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, para analizar novas iniciativas de promoción do Xacobeo 21-22.

Miranda e Fortes analizaron así la planificación que está a preparar este centro de cara á difusión do Camiño de Santiago durante o último trimestre de 2021 e ao longo do próximo ano, con actuacións como a publicación do libro Antoloxía poética sobre o Camiño de Santiago que está a punto de rematar nestes intres e que conxuga a poética galega, valenciana e castelá sobre as rutas xacobeas. 

613 lecturas