Emigración informa sobre como xestionar a expedición ou validación do carné de conducir ás galegas e galegos retornados

A primeira das 'Pílulas do Retorno' trata sobre o permiso de conducir
A primeira das "Pílulas do Retorno" trata sobre o permiso de conducir
Vídeo informativo sobre o carné de conducir
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha dende hoxe o seu novo servizo de información ás e aos retornados denominado “Pílulas do Retorno” a través do que os galegos e galegas que regresen poderán informarse da tramitación dos principais documentos necesarios a nivel administrativo e social.

Deste xeito, o espazo, que poderá consultarse a través do Portal Retorna, explica cales son os documentos necesarios para solicitar o carné de conducir ou se é posible validar o que xa se posuía no país de referencia. As e os interesados na xestión deste documento deben lembrar que o primeiro que deben facer é solicitar cita previa na Dirección Xeral de Tráfico.

Para máis información sobre estes trámtites poden dirixirse á seguinte ligazón da Dirección Xeral de Tráfico ou a unha das cinco oficinas de asesoramento e seguimento ao retorno que existen en Galicia. Estas oficinas están financiadas polo Fondo Social Europeo.

513 lecturas