Publicación da listaxe de solicitudes completas, requiridas e excluídas presentadas polas entidades galegas ó amparo da convocatoria dos obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega - 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
705 lecturas
Listado para descargar coa relación de entidades.
Estado: 
Procedemento pechado

No DOG nº 126, do 5 de xullo de 2021, publicouse a Resolución do 24 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para desenvolver obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior (código de procedemento PR923C).

O prazo para a presentación de solicitudes rematou o 05-08-2021.

Os defectos na documentación detectados na solicitude de cada entidade indícanse no anexo deste anuncio.

Mediante esta publicación requírese a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (https://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos que para cada entidade se sinalan (art. 8 da resolución da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada. As entidades con sede social en España, obrigatoriamente a través da sede electrónica.

No caso de non achegar a documentación requirida dentro do prazo citado, terase por desistida á entidade da súa solicitude, cumprindo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo, na Praza de Mazarelos, 15. C.P. 15703, Santiago de Compostela, ou ao número de teléfono 981 957 353 (As respostas terán un carácter meramente informativo, sen que poidan ser alegadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición).

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.

Requirimentos convocatoria programa obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega
Descargar
Data de publicación: 
27.08.2021
Data fin de prazo: 
10.09.2021