A Hermandad Gallega de Venezuela celebra o Santiago Apóstolo e a graduación da promoción XXXIª do Colexio Castelao

  • Imaxe da celebración do Día de Galicia
    Imaxe da celebración do Día de Galicia
  • Imaxe da celebración do Día de Galicia
    Imaxe da celebración do Día de Galicia
  • Imaxe da graduación da XXXIª promoción do Colexio Castelao da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
    Imaxe da graduación da XXXIª promoción do Colexio Castelao da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas, 7 de agosto de 2021.

A Hermandad Gallega de Venezuela honrou a Santiago Apóstolo, patrón de Galicia e de España, cun acto no que se realizaron diversas actividades, cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria e en espazos abertos, como a tradicional procesión polas áreas comúns do club, a presentación dos grupos de baile “Semente Nova”, “Lembranzas” e “Eiras Nosas” e coa participación do grupo de gaitas “Xuntanza Fillos de Ourense”.

Ademais, a entidade tamén celebrou o acto de graduación da XXXIª promoción dos alumnos e alumnas do Colexio Castelao, pertencente á Hermandad Gallega de Venezuela, coa presenza da súa Xunta Directiva, profesorado, compañeiras e compañeiros e familiares. 

Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Venezuela

530 lecturas