Miranda recibe ao Presidente do Centro Gallego de México

Miranda recibe ao Presidente do Centro Gallego de México
Miranda recibe ao Presidente do Centro Gallego de México
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Gallego de México A.C. México D.F.,  para informarse de primeira man sobre a situación na que se atopa a colectividade galega neste país.

Durante a reunión tamén trataron proxectos de futuro da entidade como son as actividades que se desenvolverán na promoción do Camiño de Santiago dentro deste bienio. Neste senso o titular da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, subliñou o interese e apoio das entidades galegas no exterior polo Ano Santo Xacobeo.

O Centro Gallego de México Asociación Civil comezou a súa andadura en 1911 e con esforzo e constancia no traballo para manter os lazos coa súa terra foise convertendo no indiscutible referente das asociacións españolas presentes no país azteca e hoxe conta cunha masa asociativa de preto de 1.500 familias. Segundo datos do IGE residen en México 14.685 galegos espallados maioritariamente en México D.F.

769 lecturas