Miranda acompaña ao embaixador da Arxentina en España, Ricardo Alfonsín, na súa visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao renovado Pórtico da Gloria

Imaxe da visita, diante da Porta Santa da basílica compostelá
Imaxe da visita, diante da Porta Santa da basílica compostelá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao embaixador de Arxentina na súa visita á Catedral de Santiago, onde tiveron a ocasión de contemplar o renovado Pórtico da Gloria. Estiveron acompañados pola cónsul xeral da Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro, así como polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

O historiador e director do Departamento de Educación e Acción Cultural da Fundación Catedral de Santiago, José Francisco Blanco Fandiño, durante a visita guiada mostroulles ás e aos visitantes o importante labor de restauración e rehabilitación desta xoia única da arte universal e Patrimonio Cultural da Humanidade.

1170 lecturas