Miranda traslada o apoio de Emigración pola difusión da cultura galega a través do Festival Internacional Rebulir 2021

O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe un encontro con Alexandre Sotelino Losada, director artístico do evento.

Este ano farase un recoñecemento ás e aos emigrantes do concello de Ramirás.

O secretario xeral da Emigración e o director do FIR, durante a reunión
O secretario xeral da Emigración e o director do FIR, durante a reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co director do Festival Internacional Rebulir 2021, Alexandre Sotelino Losada, a quen lle reafirmou a súa aposta pola divulgación da cultura galega tanto dentro como fóra das nosas fronteiras a través deste evento que se celebra no concello de Ramirás, en Ourense. 

O responsable autonómico recordou que o departamento que dirixe colabora desde hai anos con esta iniciativa que, este ano, como novidade, fará un recoñecemento ás e aos emigrantes do concello ourensán no que se celebra.

De feito, a Asociación Rebulir está a traballar xa no XV Festival Internacional Rebulir, un evento que se vén consolidando nos últimos anos como unha das citas do almanaque lúdico-cultural de Ramirás (Ourense), mobilizando cada edición a centos de veciñas e veciños que acoden a desfrutar da música, dos obradoiros e das animacións programadas. 

Neste marco, Rodríguez Miranda subliñou o “importante peso histórico, cultural, social e educativo” que ten o festival na comarca, e felicitou aos organizadores pola súa vontade e capacidade de levalo adiante, aínda nesta época marcada pola covid.

703 lecturas