Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
2302 lecturas
Listados para descargar e información para emendar as solicitudes.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas (200) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, procédese á publicación das:

Listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, con indicacion da causa de exclusión.

De conformidade co disposto no artigo 13.3 da resolución de convocatoria, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lles requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”.

Data publicación páxina web: 01.06.2021

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE SUBSANACIÓN: DO 2 DE XUÑO AO 8 DE XUÑO DE 2020 (ás 23:59 horas horario peninsular de España) ambos os dous incluídos.

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME 2021

Listados provisionais

Solicitudes admitidas Solicitudes excluídas
Descargar Descargar

 

  • Para emendar a súa solicitude e enviar a documentación requirida entre na aplicación en subsanación: pique aquí
Data de publicación: 
01.06.2021
Data fin de prazo: 
08.06.2021