Emigración coñece no concello da Lama un proxecto empresarial internacional dun galego retornado apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello pontevedrés, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornadas e retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 11 delas e deles veciños dalgún concello da comarca de Pontevedra.

Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que crearon proxectos empresariais.

O secretario xeral da Emigración anunciou que a nova liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados sairá de xeito inmediato.

  • Antonio Rodríguez Miranda, Rafael Pardo e David Carrera, durante a visita do secretario xeral da Emigración esta mañá
    Antonio Rodríguez Miranda, Rafael Pardo e David Carrera, durante a visita do secretario xeral da Emigración esta mañá
  • Antonio Rodríguez Miranda, David Carrera e Rafael Pardo, durante a visita do secretario xeral da Emigración esta mañá
    Antonio Rodríguez Miranda, David Carrera e Rafael Pardo, durante a visita do secretario xeral da Emigración esta mañá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse hoxe ata o concello da Lama para coñecer o proxecto empresarial dun mozo retornado do Reino Unido que puxo en marcha un negocio de márketing e publicidade na parroquia do Pelete. Rafael Pardo contou cunha axuda de 7.000 euros deste departamento autonómico a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor.

Na visita estiveron acompañados polo tenente de alcalde David Carrera.

Rafael Pardo é fillo de emigrantes mexicanos e retornado do Reino Unido, elixindo a parroquia de O Pelete para poñer en marcha o seu novo proxecto empresarial que conta entre as e os seus clientes a empresas galegas de proxección internacional así como firmas do estranxeiro. Coa axuda recibida pola Secretaría Xeral da Emigración adquiriu o equipamento necesario para a posta en marcha desta nova firma.

Miranda aproveitou a visita para recordar que a nova liña de axudas, que permitiu que máis de 94 emprendedoras e emprendedores retornados se beneficiaran dun apoio económico en 2020, está a punto de publicarse.

En 2020 a provincia de Pontevedra contou con 35 persoas beneficiadas por estas axudas (21 delas na demarcación da Delegación de Pontevedra  e 14 na de Vigo). Na comarca de Pontevedra, beneficiáronse 11 galegas e galegos retornados: 7 na cidade do Lérez, 2 en Marín, un en Ponte Calelas e outro na Lama.

ende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e os galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.

Esta iniciativa autonómica permite ás e aos galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención. 

Trátase dunha liña de subvencións que ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma dos galegos e galegas residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia e cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

  • Audio coas declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar MP3
626 lecturas