Economía e Emigración destacan a importancia de implementar medidas complementarias a nivel económico para o retorno dos galegos e galegas do exterior

Francisco Conde e Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión que tivo lugar na capital de Galicia
Francisco Conde e Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión que tivo lugar na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo para impulsar novas medidas complementarias a nivel económico que permitan unha mellor integración das galegas e galegos do exterior que queren retornar a Galicia.    

Neste encontro ambos responsables autonómicos destacaron a importancia dos incentivos para o emprendemento e o autoemprego de cara a potenciar o retorno das e dos galegos do exterior, así como incentivar a captación de investimentos e proxectos empresariais das persoas residentes en terceiros países, liñas que se recollen na Estratexia Galicia Retorna, xunto ao fomento e apoio á creación de empresas no ámbito da innovación. 

560 lecturas