Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido

O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei.

O presidente do Goberno galego destaca a posta en marcha de iniciativas como as casas niño, a Tarxeta Benvida ou a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e fillas e sucesivos.

Insiste na necesidade de que os fondos comunitarios se asignen en función das condicións demográficas de cada rexión europea e das medidas efectivas que se están a levar a cabo en cada lugar.

A Xunta enviará á Comisión Europea un informe sobre as principais políticas demográficas que puxo en marcha Galicia durante os últimos anos.

  • O presidente da Xunta mantivo unha reunión por videoconferencia coa vicepresidenta para a Democracia e a Demografía, Dubravka Šuica
    O presidente da Xunta mantivo unha reunión por videoconferencia coa vicepresidenta para a Democracia e a Demografía, Dubravka Šuica

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2021.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta para a Democracia e a Demografía da Comisión Europea, Dubravka Šuica, as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas impulsadas desde Galicia nesta materia. Fíxoo durante unha reunión por videoconferencia que mantivo hoxe coa mandataria europea, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García. Nesta xuntanza, Šuica agradeceu a implicación de Galicia nestas políticas.

O titular do Goberno galego destacou que esta Lei, que se aproba hoxe definitivamente no Parlamento galego, ten unha gran importancia “tanto a nivel simbólico como normativo”. Neste sentido, concretou que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma de España en elevar a cuestión demográfica a rango de lei; e por outro lado, consolida e blinda medidas que se foron introducindo nos últimos anos e dá amparo legal a novas iniciativas.

Feijóo sinalou que este texto normativo aborda o reto demográfico desde unha perspectiva transversal. Nel, inclúense medidas de apoio ás familias, facilidades para a conciliación, para o equilibrio territorial, políticas para a xuventude, para o fomento do retorno e para a captación de nova poboación, así como medidas para un envellecemento activo.

O presidente deulle a coñecer á vicepresidenta da Comisión Europea as medidas postas en marcha na nosa Comunidade nesta materia. Púxolle como exemplo as casas niño, que ofrecen un servizo de conciliación aos concellos do rural e nas que se investiron xa máis de 8,5 millóns de euros para poñer en marcha 78 centros; a Tarxeta Benvida, que concedeu axudas a máis de 66.600 familias para a crianza dos nenos e nenas durante os seus primeiros anos e que xa totaliza un investimento de máis de 91 millóns de euros; ou a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e fillas e sucesivos, que beneficia xa a 14.000 familias cun investimento de 14 millóns de euros.

Asignar fondos segundo as condicións demográficas e as políticas implantadas
Feijóo insistiu ante Dubravka Šuica na necesidade de que as institucións comunitarias teñan en conta, á hora de asignar os fondos, as condicións demográficas de cada rexión europea (como o envellecemento ou a dispersión) e as medidas que se están a levar a cabo para afrontar este desafío.

Informe para a Comisión Europea sobre as medidas de Galicia
O presidente da Xunta avanzou tamén que enviará á Vicepresidencia para a Democracia e a Demografía da Comisión Europea un informe sobre as principais políticas demográficas que puxo en marcha Galicia durante os últimos anos.

Así mesmo, a vicepresidenta da Comisión Europea trasladou a súa vontade de coñecer os proxectos de Galicia para afrontar o reto demográfico e a loita contra a despoboación e pediu que se lle trasladasen ás institucións europeas a través do Goberno central. A este respecto, no mes de decembro a Xunta de Galicia remitiu ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico as súas manifestacións de interese.

420 lecturas