O secretario xeral da Emigración mostrou o seu apoio ás demandas de acceso á nacionalidade das e dos descendentes dos galegos e galegas no exterior

Rodríguez Miranda mantivo, xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, unha reunión cos e coas responsables do Centro de Descendentes Españoles Unidos (Cedeu). 

Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia, na sede de Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda, durante a videoconferencia, na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado de la Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantiveron hoxe unha reunión cos e coas responsables do Centro de Descendentes Españoles Unidos (Cedeu) na que lles mostrou o seu apoio nas reivindicacións sobre o acceso á nacionalidade dos galegos e as galegas do exterior.   

Na reunión estiveron presentes Juan Manuel de la Hoz, coordinador e fundador de Cedeu, así como as membros desta asociación, María de los Ángeles Fernández Ramil e María del Carmen Rodríguez.

Durante o encontro, os responsables autonómicos recordáronlles que Galicia xa solicitou en varias ocasións ao Goberno de España e as Cortes Xerais que realicen as modificacións normativas necesarias en materia de nacionalidade, procurando o máximo consenso entre tódalas forzas políticas, para revisar aqueles supostos nos que, a causa da aplicación da Lei de Memoria Histórica, causaron situacións de discriminación ou agravio comparativo no acceso á nacionalidade, especialmente, no caso das e dos descendentes das galegas e os galegos que non puideron acceder á nacionalidade a raíz do seu xénero ou da súa idade.

Miranda insistiu en que o desafío demográfico segue a ser unha das principais apostas da comunidade autónoma e, por iso, é esencial e inescusable, reformar dunha vez por todas esta lei para non seguir demorándoa, “pois isto vai permitir facilitar o retorno dunha parte tamén relevante dos residentes no exterior”. 

2192 lecturas