P.O. FSE Galicia 2014-2020 "Inviste no teu futuro"

Cofinanciada con cargo ao Programa Operativo FSE-Galicia 2014-2020, créase  a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno a través da que se pretende centralizar a información e as actuacións dirixidas á integración de persoas galegas retornadas e das súas familias, que se atopen en situación ou risco de exclusión social, co fin de prestar unha atención de forma máis efectiva, próxima, homoxénea e uniforme, mellorando a accesibilidade dos servizos de información que redundan nunha mellor empregabilidade das persoas participantes, que se canalizan a través das seguintes áreas de actuación: 

  • Social: nos ámbitos de prestacións sociais, saúde, vivenda e outros relacionados coa obtención duns dereitos sociais efectivos, facilitando a igualdade de oportunidades
  • Educativa: facilitando a escolarización e acceso aos diferentes niveis educativos na comunidade autónoma de Galicia
  • Laboral: área clave para que a integración se consolide a través da inserción laboral e, no seu caso, unha mellora da empregabilidade. Informar e asesorar cara á obtención dunha oportunidade, dirixida tanto cara ao traballo por conta allea como cara ao emprendemento, co obxectivo final da inserción no mercado laboral.

Para todo iso, creouse este sistema de xestión integrada a través de oficinas físicas en Galicia, co obxectivo de facilitar ás persoas emigrantes retornadas e ás súas familias un servizo de portelo único con asesoramento, acompañamento e seguimento personalizado a cada un/ha dos/as seus/súas membros que contribúa á súa integración e establecemento na nosa comunidade autónoma, co obxectivo último de facilitar o seu empleabilidad.

Estas oficinas, integradas por persoal técnico cualificado para asesorar e acompañar de forma presencial e efectuar un seguimento personalizado ás persoas emigrantes retornadas e ás súas familias, están situadas nas seguintes localidades:

  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • Lugo
  • Ourense 
  • Vigo

Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Programa Operativo  FSE Galicia 2014-2020, en virtude a:

  • Obxectivo Temático 9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación
  • Prioridade de investimento 9.1: A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego
  • Obxectivo específico 9.1.1: Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción
  • Liña de Actuación 192: Asesoramento e seguimento integral a persoas emigrantes galegas retornadas e ás súas familias