Cousas gallegas

Cousas gallegas

'Cousas gallegas' é unha recompilación de poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923. Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX. O Consello da Cultura Galega recupera esta obra no marco da colección Clásicos da Emigración, acompañándoa dun interesante estudo introdutorio feito por Xosé Manuel Núñez Seixas.

Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.

Autoría: 
Fortunato Cruces Angueira
Estudo introdutorio: 
Xosé M. Núñez Seixas
Presentación: 
Rosario Álvarez, Antonio Rodríguez Miranda
Publicación: 
Santiago de Compostela, 2020
Edición: 
1ª edición
Entidade: 
Consello da Cultura Galega
Descrición física: 
46, 253 p; 21 cm
Nota(s): 

Contén:

  1. Fortunato Cruces (1870-1961), un xornalista galego en Bos Aires: Axitación societaria, patriotismo «rexional» e liderado étnico / [estudo introductorio de] Xosé M. Núñez Seixas.
  2. Cousas gallegas / [facsímile] Fortunato Cruces 
ISBN Ed Papel: 
978-84-17802-13-4
Código QR GA: 
Cousas gallegas