'Os vellos non deben de namorarse', de Castelao: xestación e recepción

'Os vellos non deben de namorarse', de Castelao: xestación e recepción

Artigo de Laura Tato Fontaíña publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid. Este artigo estuda o longo proceso de xestación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao e a súa recepción. Apoiándose en todo tipo de documentos (correspondencia, notas de prensa, artigos de xornal, manuscritos, críticas e autocríticas da estrea...) estabelécense tres períodos para a xestación da obra: Teatro de arte (1921-1923), Teatro de Caretas (1934-1936) e Os vellos non den de namorarse (1939-1941), cunha especial atención aos dous manuscritos que se conservan no Museo de Pontevedra e que non coinciden plenamente no seu contido. A seguir analízase a recepción da obra desde dúas perspectivas: a do público que asistía habitualmente ao teatro galego que se representaba na capital arxentina e a do público máis preparado e especializado, tanto da colonia galega como da cidade de Bos Aires. Cérrase coas Conclusións en que se sostén que o Epílogo foi engadido a última hora, nun intento do autor de achegar o seu texto ao gusto do público popular ao que Castelao sempre se dirixía e a cuxo éxito vinculara o seu desexo de seguir escribindo para o teatro. Inclúese, en Anexo, un artigo de Castelao publicado no xornal Crítica que non está recollido en ningunha das compilacións da súa prosa.

ISBN: 
ISSN: 1138-9664 - DOI: https://doi.org/10.5209/madr.66862
Autor: 
Laura Tato Fontaíña
Ano publicación: 
2019
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 22 (2019)
509 lecturas