Miranda reforza o contacto permanente coa colectividade do exterior cunha nova rolda de videconferencias que comeza coas e cos galegos de Alemaña, O Reino Unido e Portugal

Esta serie de reunións telemáticas é a segunda que leva a cabo o secretario xeral da Emigración desde que entrou en vigor o Estado de Alarma en España. 

Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas
Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a reforzar o contacto permanente que mantén coa colectividade do exterior cunha nova rolda de encontros telemáticos, que comeza cunha videoconferencia cos galegos e galegas de Alemaña, O Reino Unido e Portugal. Trátase da segunda serie de xuntanzas virtuais que leva a cabo o titular do departamento autonómico desde que se decretou o Estado de Alarma en España, e busca acompañar ás cidadás e cidadáns galegos que residen fóra da súa terra nestas circunstancias tan excepcionais.

O obxectivo destas reunións a través de vídeo é achegarse á situación da colectividade nos principais países con poboación galega, e coñecer de primeira man a situación de cada unha das entidades que a representan. No encontro telemático celebrado coas e cos galegos destes tres países europeos participaron responsables da Asociación Cultural Galega de Hamburgo, a Asociación Cultural Galega "De Berlin Son", Centro Cultural Gallego de Cuxhaven, Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno, Centro Cultural y Deportivo Galicia Emigrante 1972, Centro Galego de Hannover, Centro Galego de Nürnberg, Club Galicia de Bonn, Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña, Grupo Cultural Gallego de Troisdorf e a Peña Galega de Munich, todas elas con sede en Alemaña. Ademais das entidades situadas de Alemaña participaron o Centro Galego de Londres e Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa.

En Alemaña, un dos países historicamente máis receptores da emigración galega, viven hoxe 17.519 galegas e galegos, converténdose no terceiro de toda Europa con máis poboación orixinaria de Galicia, mentres no Reino Unido, o quinto do Vello Continente, residen 15.324 e en Portugal o fan 4.562, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2020. Entre estes tres estados de Europa suman, así, un total de 37.405 galegas e galegos emigrantes ou descendentes.

815 lecturas