Anduriña, Nº 84 , Ano 30 - Decembro 2019

Anduriña, Nº 84 , Ano 30 - Decembro 2019
Título: 
Anduriña, Nº 84 , Año 30 - Diciembre 2019
Entidade: 
Centro Gallego de México, Asociación Civil
Ano: 
2019

Nº 84 (de decembro de 2019) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Recolle un artigo sobre Florencio Gulías Barros, que vén de deixar a presidencia do centro; o editorial a cargo de Carlos M. Rosendo Díaz, director e editor; informacións sobre os torneos deportivos que organiza a entidade; as actividades organizadas ao longo do ano como as festas do Santiago Apóstolo, San Roque, San Martiño, Magosto, Noite de Meigas, Posada, a elección da nova madriña etc.; o obradoiro de gaita, que estivo a cargo do mestre Jhonathan Ferreira Vázquez; artigos de divulgación sobre o Susume no concello de Avión, a Santa Compaña, receitas etc.

243 lecturas