Raiola, Nº 29 - Nadal 2016

Raiola, Nº 29 - Nadal 2016
Título: 
Raiola, Nº 29 - Nadal 2016
Entidade: 
Centro Gallego en Álava
Ano: 
2016

Nº 29 (Nadal 2016) da revista Raiola do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz (Álava). Recolle as reportaxes sobre a celebración do 60º aniversario da entidade, á que asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o lehendakari do Goberno vasco, Íñigo Urkullu Rentería; o IIIº Día do socio, o Día das Letras Galegas, dedicado nesta edición a Manuel María; o XXXI Día de Galicia en Euskadi que organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, e que se celebrou en Bilbao; o XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrado na Habana; a IVª Pasarela de Moda; e outras actividades organizadas polo Centro e os seus grupos de gaitas e baile “Arte Galega”, o coro “Aturuxo”, o grupo de teatro “Alecrín” e o grupo de monte “Saraibas”.

145 lecturas