O Diario Oficial de Galicia publica a listaxe de beneficiarias e beneficiarios das Axudas ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración de 2019, que ascenderon a preto de 60

Venezuela, O Brasil e o Reino Unido son os principais países de procedencia das retornadas e retornados que obtiveron algunha destas aportacións económicas.

Por primeira vez aparecen na relación de lugares de procedencia Seychelles, Nicaragua, Colombia ou Emiratos Árabes Unidos. 

Imaxe de arquivo dun dos negocios postos en marcha coas Axudas ao Retorno Emprendedor da Xunta de Galicia
Imaxe de arquivo dun dos negocios postos en marcha coas Axudas ao Retorno Emprendedor da Xunta de Galicia
Vídeo Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2020.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a relación de beneficiarias e beneficiarios da última convocatoria das Axudas ao Retorno Emprendedor, que concede a Secretaría Xeral da Emigración. A listaxe, integrada por 55 persoas beneficiarias deste programa da Xunta, recolle aqueles proxectos que obtiveron unha contía superior aos 3.000 euros, pero a esta cifra hai que sumarlle dous máis cuxa achega foi menor ca esta cantidade por ter recibido con anterioridade outras aportacións semellantes doutros departamentos do Goberno galego.

A medida, incluída na Estratexia Retorna 2020 e cuxa convocatoria para 2020 non se ten publicado aínda, contou cun investimento de 341.000 euros, e inclúe as socias e os socios traballadores de sociedades mercantís, autónomas e autónomos, sociedades laborais e cooperativas de traballo. As axudas están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros para cada persoa retornada emprendedora, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que pode obter cada un dos beneficiarios e beneficiarias é de 8.000 euros, e para optar a unha delas as e os solicitantes deben aportar un plan de negocio empresarial que debe contar co informe de viabilidade económica e financeira dunha entidade independente, entre as que figuran a unidade de Galicia Emprende e as e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

675 lecturas