Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
2664 lecturas
Información e acceso aos formularios para cumprimentar a solicitude.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega (PR911A).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
05.03.2020
Estado: 
Procedemento pechado

OBXECTO:
Ofertar aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estes/as galegos/as con formación universitaria.

CARACTERÍSTICAS

  • 150 bolsas de excelencia
  • Másteres ofertados polas Universidades de:
    -Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
    -A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
    -Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo)
  • Áreas:
    -Artes e Humanidades
    -Ciencias
    -Ciencias da Saúde
    -Ciencias Sociais e Xurídicas
    -Enxeñaría e Arquitectura
  • Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
  • Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster mínimo 60 créditos modalidade presencial e que se imparta o Título Oficial de Máster para o cal se realizou a matrícula.
  • Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
  • Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
  • Anualidades:
    -Máster 60 créditos: 2020/2021
    -Máster 90 créditos: 2020/2021 e 2021/2022

PERÍODO DE DESFRUTE,  DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:

Créditos ECTS Nº cursos Período desfrute Dotación Europa Abono Dotación Resto Países Abono
60 – 72 1 Setembro 2020 a xullo 2021 7.000 €

1º prazo:
5.000€

2º prazo: 2.000€

7.650 € 1º prazo: 5.000€
2º prazo: 2.650€
90 1,5

-Setembro 2020 a xullo 2021

-Setembro 2021 a febreiro 2022

10.500 €

1º prazo: 5.000€

2º prazo: 2.000€

3º prazo: 3.500€

11.475 €

1º prazo: 5.000€

2º prazo: 2.650€

3º prazo: 3.825€

  • O/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que lle xurdan  para poder realizar o máster.

BENEFICIARIOS/AS
Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

REQUISITOS

  • Ser menor de 40 anos
  • Estar en posesión da nacionalidade española
  • Residir fóra de España
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar vinculado/á Galicia dalgunha destas maneiras:
    1 - Ser emigrante nado/a en Galicia.
    2 - Residir en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
    3 - Ser descendente por consanguinidade dun/ha emigrante nado/a en Galicia ou dun/ha emigrante  que  residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, sempre que a persoa solicitante nacera no estranxeiro.
  • No caso das persoas nadas no estranxeiro, estar vinculado/á un concello galego.
  • Finalizar e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro declarado equivalente de forma expresa.
  • Estar matriculado/a en o curso 2020/21 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder


Outra documentación para consultar:

  • Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
  • Extracto da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
  • Resolución do 28 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A) (picar aquí para descargar)
  • INSTRUCIÓN INTERPRETATIVA DITADA AO ABEIRO DO ARTIGO 26 DA CONVOCATORIA BOLSAS EXCELENCIA MOCIDADE EXTERIOR, CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MÁSTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2020/21 NUNHA UNIVERSIDADE GALEGA (picar aquí para descargar)

Máis info:

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
29.05.2020