Sesión informativa "Cidadáns/ás da UE & Brexit", en Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
558 lecturas

O luns 27 de xaneiro de 18:00 a 20:00 h, na Europe House de Londres, as embaixadas da Unión Europea/Espazo Económico Europeo en Londres e a Representación da Comisión Europea no Reino Unido organizan a sesión informativa EU citizens & Brexit: info session with immigration lawyers and consuls, sobre os dereitos dos/as cidadáns/ás da UE e o brexit.

  • Un avogado de inmigración proporcionará información sobre o que os/as cidadáns/ás da UE/EEE e as súas familias deben facer para poder permanecer no Reino Unido despois do brexit, e como funciona o novo proceso do Settled Status no Reino Unido.
  • Despois da presentación, haberá unha sesión xeral de preguntas e respostas seguida dunha consulta adicional dunha hora durante a cal os/as cidadáns/ás poden reunirse individualmente co avogado e varios cónsules das embaixadas dos países da UE para tratar as súas preguntas específicas. Dous avogados voluntarios da organización benéfica Here For Good tamén estarán dispoñibles para responder preguntas.

Programa:

  • 18:00 h - Chegada
  • 18:10 h - Palabras de apertura (embaixador de Croacia, Presidencia da UE)
  • 18:15 h - Presentación e sesión publica de preguntas e respostas (Chris Benn, Seraphus Solicitors)
  • 19:00 h - Consultas cos avogados e cónsules
  • 20:00 h - Fin do evento

Inscricións: www.eventbrite.co.uk

Máis info: www.eventbrite.co.uk | Facebook | Twitter | Instagram

Sesión informativa "Cidadáns/ás da UE & Brexit", en Londres
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Representation of the European Commission in the UK
EU/EEA country embassies in London
Data: 
27.01.2020
Hora: 
18:00
Lugar:
Europe House
32 Smith Square
Londres - SW1P 3EULondon
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: