Estudio sobre emigración

Estudio sobre emigración

Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.

O Estudio sobre emigración de Eduardo Vincenti foi certamente innovador no contexto intelectual e político no que se produciu, tanto polos obxectivos que perseguía como polas súas características. Elaborou unha pormenorizada guía para orientar ás persoas emigrantes nunha conxuntura de éxodo masivo a América. Apenas entra no debate sobre a natureza deste e as súas consecuencias porque asume o dereito das persoas a decidir que proxectos desenvolver para mellorar as súas vidas. Coidaba, como bo liberal, que a suma desas saídas e retornos producía beneficios para a sociedade galega ou era, cando menos, un «mal conveniente» porque «vuelven trayendo más que llevaron».

ISBN: 
978-84-17802-08-0
Autor: 
Eduardo Vincenti y Reguera
Ano publicación: 
2019
Idioma: 
Español
Editorial: 
Consello da Cultura Galega
Comentario: 
Edición facsimilar
361 lecturas