Miranda adianta en Venezuela que as previsións sitúan en preto de 4.000 as familias galegas residentes no país que recibiron algún tipo de prestación social en 2019

O secretario xeral da Emigración participa nunha charla informativa sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia.

Salienta que se concederon case medio milleiro de axudas extraordinarias ao retorno e máis de 1.100 axudas económicas individuais ante a “incerteza na que se atopa sumido o país”.

Supervisa a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.

  • O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
    O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
  • O secretario xeral da Emigración, no centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela
    O secretario xeral da Emigración, no centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela
  • O secretario xeral da Emigración impartiu unha charla informativa sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia
    O secretario xeral da Emigración impartiu unha charla informativa sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia
  • Miranda foi entrevistado no programa radiofónico 'Sempre en Galiza' da Hermandad Gallega de Venezuela, que se emite tódolos domingos por Radio Capital 710 AM
    Miranda foi entrevistado no programa radiofónico 'Sempre en Galiza' da Hermandad Gallega de Venezuela, que se emite tódolos domingos por Radio Capital 710 AM
  • O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
    O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
  • O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
    O secretario xeral da Emigración supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros.
  • O secretario xeral da Emigración, no centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela
    O secretario xeral da Emigración, no centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 15 de decembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, participou, na Hermandad Gallega de Caracas, nunha charla informativa sobre as liñas e os programas de axuda promovidos pola Xunta de Galicia e que, segundo adiantou, permitiron chegar ao longo do 2019 a preto de 4.000 familias galegas residentes no país que, deste xeito, recibiron algún tipo de prestación social. 

“A delicada situación que está a atravesar Venezuela fai que cada ano destinemos máis fondos co obxectivo de chegar ao maior número de galegos residentes”, incidiu Miranda, quen apuntou que esas 4.000 familias atendidas supoñen axudar a mil fogares máis que o ano pasado, incrementando o investimento na república de 2,2 millóns de euros ata case 3 millóns no 2019.

Neste marco, o secretario xeral salientou, entre outras, a concesión de case medio milleiro de axudas extraordinarias ao retorno e máis de 1.100 axudas económicas individuais ante a “incerteza na que se atopa sumido o país”. 

Xunto a este tipo de apoios, Rodríguez Miranda lembrou que a Xunta segue a impulsar outras actuacións das que se benefician os galegos e as galegas residentes en Venezuela, como os Reencontros na Casa e na Terra, que neste 2019 permitiron traer de volta a Galicia a 73 maiores do país suramericano; o Conecta con Galicia, no que participaron no último ano 40 mozas e mozos venezolanos; ou as Escolas Abertas, que sumou outra vintena de rapazas e rapaces que durante o último verán afondaron en distintas actividades relacionadas co folclore e a cultura galegas. 
 
Campaña de medicamentos
Así mesmo, e antes de participar nesta charla na Hermandad Gallega, Rodríguez Miranda supervisou a campaña de entrega de medicamentos, dotada este ano con 150.000 euros. Esta actividade, promovida polo Goberno galego en colaboración coas entidades galegas no país suramericano, centra a súa actividade na entrega de medicamentos para as galegas e os galegos nacidos en Galicia e os seus fillos e fillas que carezan de recursos para acceder a eles. Persoal administrativo das oficinas de atención social dos centros galegos, así como profesionais médicos, prestan apoio ás e aos interesados en recibir axuda, tanto á hora de completar os trámites legais como á de recibir asesoramento en materia sanitaria.

“Con este programa facilitamos o acceso aos medicamentos e tratamentos médicos aos galegos residentes en Venezuela e os seus fillos e netos menores”, resaltou Miranda, quen lembrou que deste xeito facilítase o acceso a medicamentos para o tratamento de enfermidades crónicas ou patoloxías que revistan gravidade e requiran un sistema de distribución en modalidade de monodose, sempre e cando se acredite a carencia de medios económicos para acceder á súa compra. 

Xantar de Nadal do Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela 
Así mesmo, o secretario xeral aproveitou a súa estadía en Caracas para achegarse ao centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, onde puido participar no tradicional xantar de Nadal que celebran cada ano, e onde aproveitou para agradecer o labor de atención que realiza este centro coa colectividade. 

1016 lecturas