Miranda reúnese co cónsul e o embaixador de España en Venezuela

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co cónsul de España en Venezuela, Juan José Buitrago de Benito
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, co cónsul de España en Venezuela, Juan José Buitrago de Benito
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 13 de decembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, e co cónsul de España en Venezuela, Juan José Buitrago de Benito, co obxectivo de “afondar na necesaria coordinación entre as administracións española e galega”.

Ambas xuntanzas responden a unha necesidade urxente de actualizar de xeito permanente tanto a situación do país como a da colectividade española, e máis concretamente a galega, que reside nel. No caso de Buitrago de Benito, trátase do primeiro encontro oficial que mantén co secretario xeral. 

575 lecturas