Charla informativa á comunidade española en Nova York sobre asuntos sociolaborais

Listen to this page using ReadSpeaker
355 lecturas

O sábado 23 de novembro a partir das 13:15 h, na sede da Casa Galicia de Nova York, a Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social nos Estados Unidos e Porto Rico ofrece unha charla informativa sobre asuntos sociolaborais para a comunidade española.

Temas a tratar:

  • Tes dúbidas sobre a túa pensión en España?
  • Sabes que se estás a traballar nos EE.UU. podes solicitar para ti e a túa familia asistencia sanitaria nos teus desprazamentos temporais ao noso país?
  • Vas retornar a España e queres saber se podes ter acceso a algunha prestación de desemprego?
  • Outras dúbidas en materia de emprego, seguridade social, vida laboral etc.

Inscricións: www.eventbrite.com

Máis info: Facebook | Twitter

Charla informativa á comunidade española en Nova York sobre asuntos sociolaborais
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Embajada de España en EE.UU.
Data: 
23.11.2019
Hora: 
11103
Lugar:
Casa Galicia NY - Unity Gallega of U.S.
31st Avenue, 37-09 (Astoria)
New York - 11103Nova York
Estados Unidos
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: