Miranda subliña que a exposición Inventio Mundi “é unha nova forma de homenaxear a todos aqueles galegos que levan séculos levando o noso nome polo mundo”

O secretario xeral da Emigración resalta que a mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega e que permanecerá no Museo de Pontevedra ata o 14 de xaneiro, “realza o papel de Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XV a XVII” .

Salienta que esa relación entre América e Galicia, nada fai cinco séculos, “reforzouse durante os procesos migratorios dos séculos XIX e XX e segue hoxe máis viva que nunca”.

Destaca a importancia destes movementos para entender o “nacemento e consolidación da cultura galega moderna e da nosa identidade contemporánea, unha suma de afectos e afirmacións aberta ao mundo e disposta á mestizaxe”. 

  • Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
    Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
  • Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
    Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
  • Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
    Imaxe da inauguración da mostra, este serán, no Museo de Pontevedra
Listen to this page using ReadSpeaker
Pontevedra, 12 de novembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe a inauguración da mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega e que vai acoller o claustro do Edificio Sarmiento ata o vindeiro 14 de xaneiro. Un acto no que o representante do goberno autonómico subliñou que esta exposición é unha “nova forma de homenaxear a todos aqueles galegos que levan séculos levando o noso nome polo mundo”. 

Neste sentido, Rodríguez Miranda destacou que a mostra “realza o papel de Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XV a XVII”, que foron o punto de partida da unión entre Galicia e América. 

Unha unión que, como explicou, perdura cinco séculos despois, foi reforzada de modo extraordinario pola emigración galega dos séculos XIX e XX, e “segue hoxe máis viva que nunca”. “Os  procesos migratorios resultan fundamentais para entender o nacemento e consolidación da cultura galega moderna”, subliñou o secretario.

Neste escenario, Rodríguez Miranda salientou a importancia destes movementos para entender o “nacemento e consolidación da cultura galega moderna e da nosa identidade contemporánea, unha suma de afectos e afirmacións aberta ao mundo e disposta á mestizaxe”. 

A expedición de Magalhães/Elcano en imaxes
A mostra amosa as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia. Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.

Pese a que Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, a Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas, foi un soño breve, pero deulle a Galicia un notable protagonismo.

610 lecturas