Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Pontevedra

Listen to this page using ReadSpeaker
628 lecturas

O martes 12 de novembro ás 18:00 h, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, inaugúrase a mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Museo de Pontevedra.

  • Esta exposición quere lembrar a posición de Galicia na altura e a contribución dos galegos nas expedicións exploratorias producidas nos primeiros séculos da Idade Moderna, así como o eco destas vivencias no imaxinario literario contemporáneo.

Datas da exposición: do 12.11.2019 a 14.01.2020

Folleto informativo: picar aquí para descargar

Máis info: www.museo.depo.gal

Exposición "Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII", en Pontevedra
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
12.11.2019
14.01.2020
Hora: 
18:00
Lugar:
Museo Provincial de Pontevedra - Edificio Sarmiento
Padre Amoedo Carballo, 3
Pontevedra - 36002Pontevedra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: